Días libres para o descanso mental dos estudantes

Incorporación a Proxector: 2/9/2022

Vídeo de TED (7´ 24´´) no que Hailey Hardcastle nos explica, a partir da súa propia experiencia persoal, como pode interferir a saúde mental dos adolescentes no seu rendemento escolar. En ocasións, o propio colexio pode converterse nunha fonte de estrés e ansiedade, polo que compren estratexias educativas públicas destinadas a coidar a saúde emocional do alumnado. Hailey explícanos como varios colectivos de estudantes de Oregón conseguiron que se regulase por lei o dereito a coller días libres por saúde mental, igual que acontece cos problemas de saúde física.

Tradución ao galego de Javier Vázquez.

Hailey Hardcastle    AUTORÍA
2/9/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO