Vide ver a Terra xirar

Incorporación a Proxector: 2/9/2022

Vídeo divulgativo (14´ 29´´) no que María Ferreiro Subrido, doutoranda na área de Xeometría da Facultade de Matemáticas da USC, nos fala da modelización xeométrica do movemento da rotación da Terra. En concreto, cóntanos como foi mudando ao longo da Historia a percepción e o coñecemento sobre o movemento da Terra, ata que en 1851 o físico fránces Bernard León Foucault demostrou cientificamente o seu movemento rotatorio. María demóstranos como grazas á xeometría podemos entender de xeito doado o experimento do péndulo de Foucault.

A charla tivo lugar en 2021 no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", organizada pola USC e destinada fundamentalmente a estudantes de grao e mestrado.

María Ferreiro Subrido    AUTORÍA
2/9/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO