Lusofonía. A relación entre galego e portugués e as súas potencialidades

Incorporación a Proxector: 2/9/2022

Vídeo didáctico (25´ 01´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que se explica a relación entre os idiomas galego e portugués e se fala das potencialidades que ten o feito de que ambos os dous idiomas teñan esta relación tan estreita. Tamén aprenderás unhas regras sinxelas que che permitirán entender e ler “desde o galego” calquera texto redactado en portugués.

A presentación foi elaborada por Nel Vidal Barral, docente de Lingua Galega e Literatura no ensino medio, durante o confinamento do ano 2020.

Nel Vidal Barral    AUTORÍA
2/9/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO