Seguramente puideches comprobar nalgún momento da túa vida os efectos negativos que a calixe seca ten para a saúde, pero sabías que este fenómeno tamén ten efectos positivos para o medio ambiente?
Neste vídeo divulgativo (1´ 18´´) Cristina Correa Segade explícanos os efectos beneficiosos que ten a calixe seca tanto nos ecosistemas terrestres, debido á súa función fertilizante, como nos ecosistemas oceánicos, onde fomenta a biodiversidade mariña e facilita a absorción de dióxido de carbono. Así mesmo, tamén pode afirmarse que afecta de xeito positivo no clima, xa que axuda a reducir a radiación solar.
Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.