Expedición Gran Burato

Incorporación a Proxector: 12/9/2022

Reportaxe (11´ 57´´) elaborada en 2011 polo programa Reporteiros da TVG, en colaboración co Grupo Genoma da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, na que se amosan imaxes dos fondos mariños a unha profundidade de case 2.000 metros, gravadas por un robot submarino a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. A reportaxe fíxose no marco da Expedición Gran Burato, realizada a uns 150 km da ría de Muros co obxectivo de atopar gas ou outro tipo de hidrocarburo que se puidese explotar comercialmente. Descubrirás como se desenvolve unha investigación deste tipo e cales son as súas múltiples aplicacións.

Universidade de Vigo CREACIóN Televisión de Galicia CREACIóN
12/9/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO