Corpo de vento 3. Os organeiros de Galicia

Incorporación a Proxector: 15/9/2022

Vídeo divulgativo (24´ 34´´) no que descubrirás en que consiste o antigo e complexo oficio dos organeiros en Galicia. Nesta peza faise un percorrido desde a Idade Media pola historia destes artesáns galegos e preséntanse algunhas das publicacións pioneiras en materia de organería, tanto aquelas impresas en Galicia, como as que foron impresas fóra pero que hoxe se conservan nas nosas bibliotecas.

Trátase da terceira entrega dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, analizado desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Outros vídeos da mesma serie:

Sirgo Torcendo CREACIóN
15/9/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO