Os/as organistas sempre foron músicos respectados dentro do oficio. Neste vídeo divulgativo (27´ 30´´) coñecerás a historia e a singularidade dos e das organistas en Galicia. Na peza amósanse noticias e composicións, algunhas delas inéditas, dos e das intérpretes e compositores que escribiron para este instrumento e, a través de entrevistas, dáselles voz a organistas e compositores contemporáneos.
Trátase da última entrega dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, analizado desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Outros vídeos da mesma serie:
- Corpo de vento 1. O contexto do órgano en Galicia (19´ 56´´)
- Corpo de vento 2. Os órganos de Galicia (22´ 15´´)
- Corpo de vento 4. Os organeiros de Galicia (24´ 34´´)