Desde os anos 60-70 do pasado século XX, o "tsunami urbanizador" foi tan intenso nas Rías Baixas que hoxe case podemos dicir que un esquío podería percorrelas dunha punta a outra saltando de tellado en tellado. Neste vídeo divulgativo
(54´ 40´´) o arquitecto Martín Barreiro Cruz fálanos dos ecosistemas humanos que habitan nese xigantesco continuo-edificado de 800 km² que coñecemos como Rías Baixas.
Esta charla tivo lugar en 2019 no marco do proxecto "Escépticos no Pub Compostela", unha iniciativa de divulgación científica da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción).