Pensaches algunha vez que che pasaría se apareceses de súpeto no cume do Everest? Neste vídeo de TED (5´ 11´´) Andrew Lovering explícanos que se nos teletransportásemos desde o nivel do mar ata unha altitude de 8.848 metros (que é a que ten o Everest) o noso corpo non aturaría a presión atmosférica e afogariamos en poucos minutos. Pero pasaría o mesmo se esa mesma viaxe a facemos pouco a pouco? Neste vídeo tes a resposta, que che axudará a entender como algunhas persoas conseguen aturar esa incrible altitude e sobrevivir no cume deste monte varias horas.
Tradución ao galego de Xusto Rodríguez Río.