Espiando a coroa

Incorporación a Proxector: 19/10/2022

Sabías que moitos premios Nobel teñen relación directa co estudo dos cristais? Neste obradoiro didáctico (51´ 55´´) Vicente Mohedano fálanos da cristalografía, a rama da ciencia que estuda os cristais, e explícanos como o descubrimento dos raios x a finais do século XIX foi fundamental para a determinación da estrutura interna dos cristais, o que dou lugar a que a cristalografía se convertese nunha disciplina básica para outras ramas da ciencia, como a física, a química ou biomedicina, entre outras.

Esta charla, dirixida a alumnado de secundaria, desenvolveuse no marco da iniciativa Galiciencia 2021.

Vicente Mohedano    AUTORÍA
Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole CREACIóN
19/10/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO