Charla divulgativa (42´ 41´´) na que María Loureiro, catedrática do Departamento de Análise Económica da USC, analiza as políticas climáticas desde a perspectiva da economía ambiental, fundamentando a súa análise na información obtida en fontes de datos masivos.
A charla tivo lugar en 2019 no marco do proxecto "Escépticos no Pub Compostela", unha iniciativa de divulgación científica da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción).