Despois da catástrofe do Prestige, o Grupo de Investigación de Análise e de Conservación da Biodiversidade da USC elaborou un mapa de microrreservas de flora ameazada ao longo de toda a Costa da Morte. Neste vídeo divulgativo (7´ 44´´), elaborado por ADEGA, preséntase un proxecto de voluntariado ambiental para a conservación das zonas húmidas e a flora, impulsado por ADEGA e o Concello de Fisterra, co obxectivo de poñer en valor e preservar as cinco microrreservas de flora que hai na actualidade neste concello.