Aprendo con Olloboi 4. Arte e estética

Incorporación a Proxector: 3/11/2022

Vídeo didáctico (25´ 03´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que Fany Bello (xefa de estilismo) e Ángel Amaro (director de arte) nos explican cal é a función do Departamento de Arte e Estética nun proxecto audiovisual.
Nesta “olloclase” descubrirás a importancia dos decorados, os aderezos, o vestiario, a maquillaxe ou o peiteado no proceso de elaboración dunha película.

Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.

Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.

Ángel Amaro    Fany Bello    AUTORÍA
Asociación Cultural Olloboi CREACIóN
3/11/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO