O Courel. A gran reserva de Galicia

Incorporación a Proxector: 3/11/2022

Vídeo divulgativo (1´ 59´´), publicado na revista dixital Galicia10, no que se amosa unha visión panorámica da riqueza biolóxica, paisaxística e arqueolóxica das montañas do Courel. O Courel está considerado a gran reserva natural de Galicia grazas á Devesa da Rogueira, un bosque onde se poden atopar a meirande parte das nosas especies vexetais autóctonas, mais tamén atesoura unha importante riqueza histórica, xeolóxica e arqueolóxica. Descubriralo nestes dous minutos.

Galicia10 CREACIóN
3/11/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO