Vídeo de TED (7´ 34´´) que nos fala dunha innovadora tecnoloxía aplicable ao sector dos vehículos autónomos. Trátase dunha cámara que consegue ver mellor ca os seres humanos, concretamente a través das esquinas, conseguindo que os vehículos autónomos poidan esquivar obstáculos que se atopan fóra do seu campo visual. Neste vídeo poderás ver un experimento no que se pon en práctica ao aire libre esta tecnoloxía, elaborada polo enxeñeiro David Lindell durante os últimos anos de doutoramento no Laboratorio de Imaxe Computacional de Stanford.
Tradución ao galego de Noelia Collazo Boullosa.