Como enferma o cerebro?

Incorporación a Proxector: 11/11/2022

A saúde mental está fortemente estigmatizada a nivel social, debido en boa parte aos mitos e prexuízos que a rodean. Nesta charla divulgativa (57´ 44´´) a psiquiatra Iria Veiga trata de desmontar eses mitos e fálanos da ciencia e a pseudociencia que hai detrás dos trastornos mentais.

A charla tivo lugar en 2016 no marco do proxecto "Escépticos no Pub Compostela", unha iniciativa de divulgación científica da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción).

Iria Veiga    AUTORÍA
Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción) CREACIóN
11/11/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO