O Fondo Internacional para a Investigación sobre o Cancro advirte nos seus estudos de que “o noso estado nutricional (o que comemos e bebemos, o activos que somos e a cantidade de graxa corporal que temos), inflúe no risco de moitos tipos de cancro no adulto, pero tamén dende e antes do nacemento”.
Neste vídeo divulgativo (18´ 28´´) a nutricionista Antía Pérez Vázquez lémbranos que entre un 30 e un 35% dos factores de risco de padecer cancro están relacionados cos nosos hábitos alimentarios e explícanos que debemos entender por alimentación saudable e cales son os obxectivos da terapia nutricional nos pacientes oncolóxicos.
Esta charla tivo lugar en en outubro de 2020, no marco das actividades formativas organizadas polo Hospital Universitario Lucus Augusti.