Aprendo con Olloboi 7. Planos (a gravación)

Incorporación a Proxector: 28/11/2022

Antes de comezar a gravación da película, cómpre planificar as tomas que imos facer. Neste vídeo didáctico (24´ 47´´), dirixido a alumnado de secundaria, a cineasta Giselle Llanio e o realizador Luís Avilés fálannos dos elementos fundamentais da linguaxe de planos nunha película: encadramento, movementos de cámara e tomas.

Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.

Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.

Luís Avilés    Giselle Llanio    AUTORÍA
Asociación Cultural Olloboi CREACIóN
28/11/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO