Póker de sabias

Incorporación a Proxector: 11/2/2023

Vídeo didáctico (4´ 28´´) pertencente á serie web de ficción Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas ao longo da historia.

Neste primeiro capítulo poderás coñecer mellor algunhas das figuras da filosofía da época antiga e medieval, como Aspasia de Mileto, Safo de Lesbos, Hipatia ou Hildegarda de Bingen.

Consello da Cultura Galega CREACIóN
11/2/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO