Aprendo con Olloboi 8. Montaxe

Incorporación a Proxector: 5/12/2022

Vídeo didáctico (31´ 15´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que os creadores Sandra Sánchez e Jorge Coira nos falan da capacidade narrativa dun montador/a e nos achegan as claves para afrontar a montaxe dunha película, deténdose en cuestións como o tipo de cortes, o ritmo, a duración dos planos ou o tempo psicolóxico.

Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.

Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.

Jorge Coira    Sandra Sánchez    AUTORÍA
Asociación Cultural Olloboi CREACIóN
5/12/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO