Breve documental (9´ 42´´) sobre a vida, obra e pensamento de Antolín Faraldo, escritor, político e xornalista galego, nado en Betanzos en 1822, a quen Murgía denominou "o primeiro e o mellor".
A peza foi promovida pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña no marco das actividades do Ano Faraldo, celebrado este 2022 co gallo da conmemoración do 200 aniversario do nacemento deste xornalista e político galego.