Coches de hidróxeno

Incorporación a Proxector: 16/11/2022

Un dos obxectivos da enxeñaría química é o desenvolvemento de novos materiais ou tecnoloxías, unha liña de traballo de gran relevancia para o ámbito medioambiental. Neste vídeo divulgativo (3´ 17´´) Iván Rego Camiño, Antón Vázquez Seoane e Samuel Santiago Pose explícannos como o uso do hidróxeno como fonte de alimentación nos vehículos modernos podería axudar a combater o principal problema ambiental que temos na actualidade: o quecemento global.

Esta foi unha das pezas gañadoras do I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.

Iván Rego Camiño    Samuel Santiago Pose    Antón Vázquez Seoane    AUTORÍA
16/11/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO