Os primeiros minutos do Universo

Incorporación a Proxector: 21/12/2022

Pensaches algunha vez que pasaría se meteses un bolo no forno e comezases a aumentar a temperatura sen límite? Neste vídeo divulgativo (6´ 17´´) Darío Lago explícache, desde o punto da vista da física, que similitudes hai entre o que lle acontecería ao teu bolo e a nucleosíntese primordial, é dicir, o que aconteceu uns segundos despois do Big Bang.

Esta peza foi elaborada por O Son das Ideas e mais o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da serie "O amencer do cosmos", realizada coa finalidade de divulgar as orixes do Universo.

Darío Lago    AUTORÍA
O Son das Ideas CREACIóN Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) CREACIóN
21/12/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
#física   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO