Será certo que as formigas traballan arreo sen descanso, tal e como nos contaba Samaniego na súa fábula?
Neste vídeo divulgativo (4´ 58´), pertencente á serie #DesmontadoMitos de GCiencia, Carlos Otero, entomólogo e profesor de bioloxía na USC, fálanos do fascinante mundo das formigas e explícanos que ademais de traballar arreo tamén descansan, aínda que de xeito organizado, facendo quendas coas súas compañeiras.