Como a medicina ARNm cambiará o mundo

Incorporación a Proxector: 10/2/2023

A pandemia da Covid-19 puxo de actualidade a aplicación da medicina do ARN mensaxeiro (ou ARNm), grazas á cal conseguimos vacinas que ensinan ao noso corpo a loitar contra o virus SARS-CoV-2. Neste vídeo de TED (18´ 04´´) Melissa J. Moore, investigadora e directora científica de Moderna, explícanos que hai detrás desta revolucionaria técnica que axuda as proteínas do noso corpo a manterse sas, previr enfermidades e corrixir erros no noso código xenético, o que en palabras da propia Melissa Moure significa que "estamos entrando nunha era da medicina totalmente nova".

A tradución ao galego desta peza é de Lucía Campillo Rey e foi galardoada co primeiro premio do #TEDSaúde 2022, na categoría aberta a toda a cidadanía.

Melissa J. Moore    AUTORÍA
10/2/2023
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO