As plantas briófitas. Musgos e escarmentas (hepáticas)

Incorporación a Proxector: 17/2/2023

Vídeo didáctico (11´ 27´´) no que Noemí Díaz e Xacobo de Toro, docentes de Bioloxía e Xeoloxía no ensino medio, nos falan dun tipo de plantas moi sinxelas: as briófitas, grupo ao que pertencen os musgos e as plantas hepáticas (tamén chamadas escarmentas ou follas das pedras). Aprenderás a identificalas e descubrirás cales son as súas características, así como a súa importancia para o benestar dos ecosistemas.

Noemí Díaz Vázquez    Xacobo de Toro    AUTORÍA
17/2/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO