Sabes como se forman mareas? Preguntácheste algunha vez cal será o motivo polo que nas mareas vivas o mar baixa e sobe moito máis ca nas mareas normais? Neste vídeo divulgativo (1´ 43´´) David Ballesteros explícache que teñen que ver a Terra, o Sol, a Lúa e Isaac Newton co fenómeno das mareas.
A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.