Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 1

Incorporación a Proxector: 17/2/2023

Primeira sesión do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta primeira lección (55´ 57´´) explícanse contidos básicos como as fórmulas de presentación e despedida, os modos de preguntarlle datos a alguén, a distribución territorial de Galicia ou a nosa riqueza toponímica, ademais de presentar ferramentas didácticas accesibles en liña como O Portal das Palabras ou Galicia Nomeada.

A sesión foi emitida o día 18 de febreiro de 2021 na canle "Aula Galicia Aberta" da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.

Concha Diéguez    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Reverso Comunicación CREACIóN
17/2/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO