Un suxeitador intelixente para unha mellor saúde cardiovascular

Incorporación a Proxector: 17/2/2023

As cardiopatías e os accidentes cerebrovasculares son as principais causas de morte e discapacidade no mundo. Ademais, no caso das mulleres, este tipo de eventos non só son máis difíciles de recoñecer, diagnosticar e tratar, senón que as posibilidades de morte despois de sufrilos son maiores. Podería a tecnoloxía axudar no campo da investigación cardiovascular achegando novos datos procedentes das mulleres (normalmente infrarrepresentadas neste tipo de estudos)?
Nesta charla TED (6´ 03´´) a enxeñeira Alicia Chong Rodriguez explícanos como un suxeitador intelixente pode converterse nun salvavidas, ao estar deseñado para recoller datos en tempo real a través de biomarcadores como o ritmo cardíaco, a respiración e a temperatura.

Tradución ao galego de María Suárez Seijas para #TEDSaúde 2022.

Alicia Chong Rodriguez    AUTORÍA
17/2/2023
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO