Problemas de xenética para dous caracteres (II)

Incorporación a Proxector: 24/2/2023

Segunda entrega (8´ 31´´) dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de 4º da ESO, sobre problemas de xenética para dous caracteres, é dicir, os referidos á terceira lei de Mendel: a coñecida como "lei de segregación independente".
Neste vídeo en concreto o profesor Germán Santos ensinarache a resolver o seguinte suposto práctico: "O pelo escuro (A) e a cor parda (B) nos ollos considéranse dominantes sobre o pelo claro (a) e os ollos azuis (b). Un home de pelo escuro heterocigótico (Aa) e ollos azuis (bb) ten fillos cunha muller de pelo claro (aa) e ollos pardos homocigótica (BB). Como poden ser os fillos?".

Outros vídeos da mesma serie:
- Problemas de xenética para dous caracteres (I)
- Problemas de xenética para dous caracteres (III)
- Problemas de xenética para dous caracteres (IV)

Germán Santos    AUTORÍA
24/2/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO