Charla didáctica (47´ 51´´), dirixida a alumnado de secundaria, na que o divulgador David Ballesteros te convida a viaxar de xeito lúdico polo firmamento para descubrir o coñecemento que temos na actualidade do Universo e dos diferentes corpos celestes que o compoñen. Así mesmo, a partir da realización dalgúns experimentos comprenderás que significan conceptos tan abstractos como a presión ou o espectro luminoso.
Esta actividade desenvolveuse en directo o 23 de novembro de 2017 no marco do Galiciencia 2017, que estivo dedicado á astronomía.