Mesturas alimentarias, indixestas só na nosa cabeza

Incorporación a Proxector: 5/2/2023

Seguramente oíches nalgunha ocasión que non se pode tomar unha laranxa despois dun produto lácteo, ou que non se debe beber auga cando estás comendo castañas ou polbo. Teñen algunha base científica este tipo de recomendacións alimentarias? Neste vídeo divulgativo (5´ 04´´) Nicolás Piedrafita, nutricionista e investigador en Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria na USC, explícanos que non hai combinacións alimentarias que sexan máis desaconsellables ca outras desde o punto de vista sanitario, aínda que nos lembra que determinadas persoas deben ter especial precaución se son alérxicas a un determinado grupo de alimentos, e que algúns fármacos non deben mesturarse con certos alimentos para que estes non interfiran nos efectos desexados.

Esta peza forma parte da serie #DesmontadoMitos, elaborada polo xornal GCiencia.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
5/2/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO