Terceira sesión (52´ 15´´) do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta terceira lección poderás familiarizarte co vocabulario básico relacionado co ámbito da arquitectura e as construcións tradicionais galegas (as casas e os seus anexos, os pazos, os muíños...). No bloque de contidos gramaticais aprenderás a construír comparacións de igualdade, inferioridade e superioridade; e a conxugar o verbo "haber".
A sesión foi emitida o día 25 de febreiro de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.