Subtitulado e accesibilidade creativa

Incorporación a Proxector: 3/10/2022

Clase maxistral (41´ 48´´) na que Pablo Romero Fresco, cineasta e docente do Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo, nos fala do actual divorcio que existe no ámbito cinematográfico entre os procesos de produción e os procesos de tradución e accesibilidade. Pablo Romero reivindica na súa exposición a idea do "cine accesible" (que é aquel que ten en conta a tradución e a accesibilidade durante o propio proceso de produción cinematográfica), así como a importancia dos subtítulos e da accesibilidade creativa como carta de presentación do produto audiovisual.

Esta peza forma parte do proxecto audiovisual Expande Cans, realizado pola Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Pablo Romero Fresco    AUTORÍA
Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela CREACIóN
3/10/2022 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO