Problemas de xenética para dous caracteres (IV)

Incorporación a Proxector: 9/3/2023

Última entrega (6´ 28´´) dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de 4º da ESO, sobre os problemas de xenética para dous caracteres, é dicir, os referidos á terceira lei de Mendel: a coñecida como "lei de segregación independente".
Nesta ocasión o profesor Germán Santos completa a explicación iniciada nun vídeo anterior, sobre a resolución do seguinte suposto práctico: "O pelo escuro (A) e a cor marrón (B) nos ollos considéranse dominantes sobre o pelo claro (a) e os ollos azuis (b). Un home dobre heterocigótico ten fillos cunha muller que tamén é dobre heterocigótica. Como poden ser os fillos?".

Outros vídeos da mesma serie:
- Problemas de xenética para dous caracteres (I)
- Problemas de xenética para dous caracteres (II)
- Problemas de xenética para dous caracteres (III)

9/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO