Cuarta sesión (60´ 43´´) do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta lección preséntanse as principais características das cidades galegas, así coma o vocabulario básico que empregamos para falar delas, e trabállanse aspectos comunicativos como aprender a preguntar por un enderezo concreto, ou saber darlle ti as indicacións a outra persoa que pregunta por un determinado lugar. No bloque gramatical trátase o demostrativo e a conxugación dos verbos estar e haber (empregados para expresar a localización).
A sesión foi emitida o 1 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.