Exercicio na casa sen metas milagreiras

Incorporación a Proxector: 9/3/2023

Para loitar contra o sedentarismo a Organización Mundial da Saúde recomenda facer exercicio físico na casa, mentres facemos as tarefas domésticas. Cristian Abelairas, profesor na Facultade de Ciencias da Educación da USC, explícanos neste vídeo divulgativo (4´ 10´´) cales son os beneficios do exercicio físico para as nosas articulacións. Con todo, o profesor Abelairas tamén nos recomenda estar alerta ante os resultados milagreiros que nos prometen moitos/as afeccionados/as en Youtube, supostamente con só repetir certos movementos.

A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
9/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO