O teu corpo contra os implantes

Incorporación a Proxector: 9/3/2023

Vídeo de TED (4´ 39´´) no que a bioenxeñeira e inmunóloga Kaitlyn Sadtler nos explica como reacciona o noso sistema inmunitario ante os implantes corporais. Esta resposta de defensa ante "corpos estraños" é o motivo de que na actualidade todos os implantes teñan que ser substituídos ao cabo dun tempo (que varía segundo a tipoloxía do implante). Kaitlyn Sadtler cóntanos tamén como a comunidade científica está a investigar posibles formas de enganar o noso sistema inmunolóxico para que acepte os dispositivos novos que introducimos nos tecidos corporais, algúns deles de vital importancia para a nosa saúde e calidade de vida, como as bombas de insulina, por exemplo.

Tradución ao galego de Marta Suárez para #TedSaúde 2022.

Kaitlyn Sadtler    AUTORÍA
9/3/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO