Por que temos tantos acantilados en Galicia?

Incorporación a Proxector: 16/3/2023

Sabías que os acantilados máis altos da Europa continental están en Galicia? Son os acantilados de Vixía Herbeira, situados na Serra da Capelada, que teñen unha altitude de máis de 600 metros con respecto ao nivel do mar. David Ballesteros explícanos neste vídeo divulgativo (1´ 02´´) como a orixe ígnea de Galicia determina o seu elevado número de acantilados.
A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

David Ballesteros    AUTORÍA
Ceo Aberto CREACIóN
16/3/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO