Xadrez e automobilismo

Incorporación a Proxector: 16/3/2023

Que teñen en común o xadrez e o automobilismo? Pois que ambos son deportes que podemos practicar sentados, pero se isto che parece unha vantaxe non te confíes, porque en ambos se precisa moita disciplina, dedicación e duro adestramento. Neste vídeo divulgativo (6´ 38´´) a cooperativa Suseia preséntanos as principais características destes dous deportes e tamén a terminoloxía básica relacionada con eles.

A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

Cooperativa Suseia CREACIóN
16/3/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO