Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 5

Incorporación a Proxector: 16/3/2023

Vídeo didáctico (56´ 11´´) coa quinta lección do curso de lingua e cultura galegas, impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta nova entrega poderás familiarizarte coas festas tradicionais galegas e o léxico galego que empregamos para falar delas. No bloque de contidos gramaticais preséntanse os numerais cardinais e mais o presente de indicativo nas tres conxugacións verbais. Tamén aprenderás como se conxuga o presente de indicativo en tres verbos irregulares moi empregados en galego: facer, ir e ter.

A sesión foi emitida o 4 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.

Concha Diéguez    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Reverso Comunicación CREACIóN
16/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO