Números máxicos

Incorporación a Proxector: 16/3/2023

Todos oímos moitas veces que "o cero á esquerda non vale nada", pero parámonos a reflexionar sobre o motivo? Neste vídeo divulgativo (13´ 09´´) Elena Vázquez Abal, profesora do Departamento de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, partindo dun divertido truco de maxia, axúdanos a entender como funciona o noso "sistema de numeración decimal posicional", onde a posición do número é a que determina realmente o seu valor.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa da TVG Efervesciencia.

Elena Vázquez Abal    AUTORÍA
Concello de Pontevedra CREACIóN
16/3/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO