Por que algunha xente ronca tan forte?

Incorporación a Proxector: 23/3/2023

Ao longo da historia desenvolvéronse diferentes técnicas ou métodos para tratar de resolver un problema que sofre, de xeito activo ou pasivo, boa parte da poboación: os ronquidos. Pero os ronquidos non son simplemente ruídos molestos, senón que poden ser sinais de que algo máis perigoso está a acontecer no organismo de quen os emite. Neste vídeo de TED (4´ 39´´) Alayna Vaughan explícanos por que ronca tan forte algunha xente, que é a apnea obstrutiva do sono e que consecuencias pode ter este trastorno.

Tradución ao galego de Daniel López para #TEDSaúde 2022.

Alayna Vaughan    AUTORÍA
23/3/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO