Deportes urbanos: surf, monopatinaxe e ciclocrós

Incorporación a Proxector: 30/3/2023

Vídeo divulgativo (7´ 08´´) no que se presentan as principais características e a terminoloxía relacionada con estes tres deportes urbanos: o surf, deporte co que poderás gozar da praia en calquera época do ano; a monopatinaxe, actividade na que aprenderás a facer acrobacias enriba dun monopatín; e o ciclocrós, modalidade de ciclismo na que conseguirás sortear obstáculos enriba de dúas rodas.

A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada pola cooperativa Suseia ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022, para ofrecerlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo.

Cooperativa Suseia CREACIóN
30/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO