Os nomes da nosa terra. Penarrubia

Incorporación a Proxector: 30/3/2023

Vídeo didáctico (13´ 28´´) no que Fran Cañotas se traslada a Penarrubia, no municipio lugués de Baralla, para falarnos dos oicónimos, os nomes empregados para nomear as casas ("Casa do Costureiro", "Casa de Lopo", "Casa Mufín"...). Estes nomes, que incorporaban a miúdo a profesión, o apelido ou alcume do/a propietario/a orixinal, conserváronse na tradición ao longo dos séculos en moitos lugares de Galicia, ata o punto de seguiren usándose a día de hoxe para identificar aos seus actuais moradores.
Tamén descubrirás que antes de 1975 o actual concello de Baralla se chamaba Neira de Suxá. Vicente Feijoo, coordinador do proxecto Galicia Nomeada, explícanos o significado de ambos os dous topónimos.

A peza, escrita e dirixida por Xosé Antón Moure, pertence á serie Os nomes da nosa terra, producida ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021 e realizada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.

Xosé Antón Moure    AUTORÍA
30/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO