Meteoroloxía popular. Os refráns tamén menten

Incorporación a Proxector: 30/3/2023

Moito antes de que a tecnoloxía puxese ao noso dispor avanzadas ferramentas de predición meteorolóxica, os nosos antepasados observaban a natureza para tentar adiviñar o tempo e así poder tomar decisións sobre as tarefas agrícolas ou pesqueiras. As súas observacións chegaron a nós a través da tradición oral, en forma de ditos ou refráns, pero teñen algún rigor científico?
Neste vídeo divulgativo (4´ 33´´) Damián Ínsua, investigador da Facultade de Física da USC, explícanos que as observacións relacionadas co vento e as borrascas asociadas manteñen a súa vixencia desde o punto de vista científico. Pola contra, advírtenos de que guiarse pola observación da lúa, pola situación atmosférica en días ou períodos concretos, ou mesmo por dores das articulacións para facer prognósticos ou anticipar cambios de tempo, carece de rigor desde o punto de vista matemático e físico.

A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.

María Piñeiro    Miguel Sardo    AUTORÍA
Gciencia CREACIóN
30/3/2023 INCORPORACIÓN A PROXECTOR
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO