Vídeo divulgativo (56´´) difundido pola Área de Cultura Científica da UVigo, no que Ana Ulla nos fala de como os avances tecnolóxicos empregados no eido da astrofísica acaban redundando no beneficio de toda a sociedade, poñendo como exemplo a tecnoloxía CCD.
Esta peza complementa un vídeo anterior no que a mesma Ana Ulla nos explica que é a astrofísica e cal é o seu ámbito de estudo.