Os deportes de contacto

Incorporación a Proxector: 11/4/2023

A cooperativa Suseia fálanos neste vídeo divulgativo (9´ 59´´) dos deportes de contacto, que nos axudan a mellorar os reflexos, a fortalecer os músculos e a potenciar o equilibrio, optimizando deste xeito as nosas capacidades para a defensa persoal. En concreto, descubrirás cales son as principais características de deportes como o kickboxing, o boxeo ou o rugby.

A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022, para ofrecerlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo.

Cooperativa Suseia CREACIóN
11/4/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO