Os aparellos tecnolóxicos facilítannos a vida pero un uso abusivo pode ser prexudicial para a nosa saúde (insomnio, dor de cabeza, falta de apetito...). Neste vídeo divulgativo (4´) Ana López, profesora da Facultade Psicoloxía da Universidade de Santiago, explícanos en que consiste o tecnoestrés (o estrés provocado polo uso de ferramentas dixitais) e cales poden ser as súas causas, ao tempo que nos dá algúns consellos para evitar este problema.
A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.