O dilema obstétrico

Incorporación a Proxector: 11/4/2023

Vídeo didáctico (13´ 38´´) no que Xurxo Mariño, biólogo e membro do grupo de investigación NEUROcom da UDC, nos fala do "dilema obstétrico", unha teoría que mantén que, a diferenza doutros seres vivos, os bebés humanos nacen co encéfalo pouco desenvolvido e, polo tanto, a última parte da súa maduración teñen que realizala fóra do útero materno. Como se converteu esta condición de vulnerabilidade nunha gran vantaxe, desde o punto de vista evolutivo, para o ser humano? Xurxo Mariño dános a resposta.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).

Xurxo Mariño    AUTORÍA
Concello de Pontevedra CREACIóN
11/4/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO